Como reclamar á lista de excluidos e á de


25 Mai, 2018

WEB -  NOTA IMPORTANTE: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído, de xeito que o prazo rematará o 30/05/2018. 

Para formular unha reclamación deberá entrar na sede electrónica  https://sede.xunta.gal co seu certificado dixital, DNI electrónico ou chave365, a través da icona “a miña sede” e no apartado de “últimos expedientes e presentacións”, na solicitude do procedemento ED001A, elixir en “acción” a opción de formular alegacións e seguir os pasos que lle indica a aplicación para formular a reclamación e achegar escanada a documentación acreditativa que vostede considere pertinente.

Ao encher o modelo de alegacións, no apartado "expediente", debe indicar "oposicións primaria" ou "oposicións secundaria" segundo proceda. É necesario seguir todos os pasos e chegar ao final do proceso e picar na icona “asinar e presentar”; ao final poderá obter un xustificante da presentación e o modelo de alegacións asinado.

No caso de que unha das causas de exclusión sexa a relativa ao aboamento dos dereitos de exame (taxa), as persoas excluídas poderán realizar no prazo indicado o aboamento que corresponda e formular a reclamación do xeito indicado anteriormente, acreditando o pagamento e/ou achegar a documentación acreditativa da exención ou bonificación. Para realizar o aboamento da taxa deberá acudir á Oficina Virtual Tributaria https://ovt.atriga.gal/, apartado "cidadáns" e en "pago de taxas e prezos" picar na icona "iniciar taxa" e elixir a opción de pagamento que considere oportuna. Deberá indicar o importe que corresponda e os códigos que se indican na base 3.8 da convocatoria. Logo do pagamento da taxa, deberá escanar o xustificante e xuntalo ao realizar a reclamación.

No caso de que non figure nin na lista de admitidos nin na de excluídos, deberá formular a reclamación igualmente por medios electrónicos. Neste caso deberá entrar na sede electrónica https://sede.xunta.gal co seu certificado dixital, DNI electrónico ou chave365, a través da icona “a miña sede” e no menú “trámites” elixir a opción “solicitude xenérica”. Na nova pantalla deberá premer na opción “ PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado” e seguir os pasos que lle indica a aplicación para a súa presentación en liña: encher a solicitude, anexar a documentación que estime conveniente, e asinar e presentar a reclamación. 

Lémbrase que non está permitida a presentación de reclamacións por calquera outro medio que non sexa o indicado anteriormente.

Se tés dúbidas, acércate por calquera das nosas sedes.