Volver

Galicia Mai 14, 2019

Comisións de servizo por saúde - apertura para os funcionarios de secundaria participantes no CXT


WEB - Apertura do segundo prazo para o profesorado de SECUNDARIA para solicitar COMISIÓNS de servizos por motivos de SAÚDE

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 15 de maio de 2019 e o 29 de maio de 2019, ambos incluídos.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño que participaron no concurso de traslados.

Enderezos de correo electrónico:
- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:
- Profesorado de secundaria: 981 54 54 06, 981 54 52 55.

ENLACE para participar

 

 

 


#Mobilidade do Profesorado #Comisións de Servizo

Volver