Volver

Galicia Abr 15, 2019

Comisións de servizo por motivos de saúde 2019


WEBCOMISIÓNS DE SERVIZOS POR MOTIVOS DE SAÚDE

O primeiro prazo para solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde é o comprendido entre o 15 de abril de 2019 e o 30 de abril de 2019, ambos incluídos.

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde neste prazo todo o persoal docente dos corpos de catedráticos, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional, de profesoresde música e artes escénicas, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de artes plásticas e deseño ou mestres de taller de artes plásticas e deseño, e mestres, que non participaran no concurso de traslados, e o profesorado interino, profesorado de relixión e profesorado procedente doutra Comunidade Autónoma.

Normativa: (DOG 09/05/2007). Corrección de erros (DOG 11/05/2007).

INSTRUCIÓNS sobre a realización da SOLICITUDE DA COMISIÓN:

1. Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp.

2. O persoal docente que depende da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional deberá acceder utilizando a súa conta de correo no dominio @edu.xunta.es, empregando para acceder o seu usuario e o seu contrasinal. 

3. Para realizar a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “Solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade, colectivo e comunidade autónoma. Unha vez cubertos prema en "Comezar solicitude".

4. O persoal docente que xa participase o ano pasado no concurso de adxudicación de destinos provisionais, recuperaráselle a solicitude do ano pasado, e poderá modificala se o desexa nas diferentes lapelas "Datos de participación", "Peticións" e "Datos alegados".

5. Logo de cubertos todos os datos, a persoa solicitante ten que acceder á pestana “Validación” e premer no botón “Pechar solicitude”. Unha vez pechada, a aplicación envía ao buzón de informes o comprobante da solicitude para presentar no rexistro. As solicitudes pechadas non se poden modificar.  A continuación, para obter o documento coa solicitude que deben presentar por rexistro, deberá premer o botón “Imprimir solicitude” e xerarase un documento PDF coa solicitude cuberta. Esta solicitude deberá presentala por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas. Coa solicitude deberá achegar a documentación que alegue para optar á comisión solicitada.

6. Mentres o prazo estea aberto, as persoas participantes poderán formular unha nova solicitude no mesmo enderezo entrando na opción do menú “Solicitudes” . AVISO IMPORTANTE: A única solicitude válida será a presentada por rexistro, polo tanto se a persoa solicitante fai cambios SEMPRE debe gardar os cambios e validalos na pestana “Validación”, imprimir de novo a solicitude e presentala segundo o xa dito.

7. O persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (o persoal docente procedente doutra comunidade autónoma), e desexe solicitar unha comisión de servizos por motivos de saúde, deberá solicitar unha conta de correo temporal no enderezo https://www.edu.xunta.es/contausuario/ e achegar por correo electrónico, nos enderezos que se indican ao final destas instrucións, a seguinte documentación dixitalizada:

  • Certificación expedida polo órgano competente da administración da que dependa con indicación expresa dos seguintes datos:

Nome, apelidos e NIF, Corpo ao que pertence e especialidade/s das que é titular e ten recoñecida/s

Data de nomeamento/posesión de persoal funcionario de carreira

Situación administrativa actual

Causa de acceso e dato do último destino (concurso, expectativa...)

Puntuación obtida na oposición

  • Datos: enderezo/domicilio, dirección de correo e un número de móbil, no que recibirá unha clave de activación (PIN) para activar a súa conta de correo no enderezo http://www.edu.xunta.es/contausuario/, e elixir a opción 2.2 “Activar conta”. 
  • Seguidamente, poderá solicitar comisión de servizos na seguinte dirección www.edu.xunta.es/cadp.

8. A solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde, que deberá presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, irá dirixida á Xefatura Territorial na que se estea prestando realmente servizos. Para o caso do persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a instancia de comisión de servizos por razóns de saúde deberá ir dirixida a Xefatura Territorial á que pertence o centro/localidade da súa primeira petición.

INFORMACIÓN SOBRE AS PETICIÓNS DE CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Neste tipo de centros as especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria non se consideran itinerantes. Para o resto das especialidades todas teñen o perfil de itinerantes, polo tanto se os participantes efectúan peticións aos Centros rurais agrupados deberán marcar o recadro correspondente.

INFORMACIÓN SOBRE AS PRAZAS BILINGÜES E DE ORIENTACIÓN: Para solicitar este tipo de prazas o persoal participante deberá reunir os requisitos necesarios para efectuar as ditas peticións.

No caso das prazas de Orientación deberán acreditar algunha das titulacións establecidas no Decreto 120/1998 do 23 de abril polo que se a Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para as prazas bilingües deberán acreditar algunha das titulacións establecidas na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo de 2016).

No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida,   antes de formular a  solicitude de comisión de servizos, aos enderezos de correo electrónicoque se indican a continuación.

 - Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

 - Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981-545406, 981-545255

- Mestres: 981- 544482

 

 


#Mobilidade do Profesorado #Comisións de Servizo

Volver