Volver

Galicia Out 22, 2018

Centros educativos autorizados para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil)


DOGRESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19.

De conformidade co establecido no artigo 16 da resolución desta dirección xeral do 2 de abril de 2018, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil), para o curso 2018/19, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o programa Plurinfantil, de plurilingüismo no segundo ciclo da educación infantil.

Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Plurilingüismo #Centros

Volver