Volver

Galicia Out 25, 2018

Centros autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach)


DOGRESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve definitivamente a relación de centros docentes autorizados para a implantación do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/19.

Contra esta resolución as persoas interesadas poden interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


#Centros #Plans e Programas

Volver