Cambio denominación do CEIP de Cervo número 1


15 Xun, 2018

DOG - ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CEIP de Cervo número 1, do concello de Cervo.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Cervo.

Código: 27020859.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Cervo nº 1.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Península da Paz.