Cambio de denominación específica do CP Santo Anxo, do concello de Rábade.


21 Nov, 2018

DOG - ORDE do 14 de novembro de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CP Santo Anxo, do concello de Rábade.

De conformidade co previsto no artigo 3, números 1 e 2, do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Rábade.

Código: 27011615.

Denominación actual: Centro Público (CP) Santo Anxo.

Nova denominación: Centro Público (CP) Mestre José Rábade Arias.