Cambio de denominación específica do CEIP Santo Paio de Abaixo do concello de Redondela.


09 Ago, 2018

DOG - ORDE do 27 de xullo de 2018 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do colexio de educación infantil e primaria Santo Paio de Abaixo do concello de Redondela.

De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Redondela.

Código: 36007709.

Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Santo Paio de Abaixo.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) de Reboreda.