Calendario Escolar para o curso 2019/20


28 Xun, 2019

DOGORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 5 como máximo, realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2018/19 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria, primeiro de bacharelato e formación profesional básica.

Artigo 4. Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 11 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020 e en educación secundaria obrigatoria, desde o día 16 de setembro de 2019 ata o 19 de xuño de 2020.

Artigo 5. No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 16 de setembro de 2019 ao 19 de xuño de 2020, ambos inclusive.

3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 16 de setembro de 2019 e 30 de xuño de 2020, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

2. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

3. Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

 Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019/20 se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Disposición adicional primeira. Modificación do calendario escolar e comedores escolares

As xefaturas territoriais, por circunstancias concretas de organización, poderán autorizar a modificación das datas de comezo e remate das actividades lectivas e de funcionamento dos comedores escolares.

Calquera modificación que se precise facer no calendario escolar deberá ser solicitada, polo menos con quince días de antelación, polo centro interesado á xefatura territorial, que, logo do informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o procedente.

Disposición adicional segunda. Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro:  ata 10 días lectivos dende a data de inicio de curso.

Disposición adicional cuarta. Adscrición funcional en educación primaria

Para os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos, na educación primaria, este dereito entenderase referido a primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.