CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2018/19


08 Xun, 2018

whatsapp-image-2018-06-08-at-08.37.38

DOG - ORDE do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 5 como máximo, realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2017/18 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 17 de setembro de 2018 e 28 de xuño de 2019, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

2. Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

3. Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

O Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2018/19 se celebrará o 7 de decembro de 2018.

Calquera modificación que se precise facer no calendario escolar deberá ser solicitada, polo menos con quince días de antelación, polo centro interesado á xefatura territorial, que, logo do informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o procedente.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro,non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases.

Para os únicos efectos da adscrición funcional do profesorado do corpo de mestres e co obxecto de respectar o dereito de cada grupo de alumnos e alumnas a manter o mesmo titor durante dous cursos na educación primaria, este dereito entenderase referido a: primeiro e segundo curso, terceiro e cuarto curso, e quinto e sexto curso.