CADP Mestres - Adxudicación Definitiva


14 Ago, 2017

  RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2017/18 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2017 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo.  

O profesorado tomará posesión no centro educativo. Os efectos da toma de posesión dos destinos adxudicados serán do 1 de setembro de 2017.  Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.  

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 

Adxudicación definitiva de destinos provisionais para o próximo curso académico 2017/2018 do persoal do corpo de mestres: 

Adxudicación definitiva

Adxudicación alfabética

Vacantes definitivas

Instrucións para a toma de posesión

A partir do día seguinte a publicación da adxudicación definitiva no portal educativo ábrese o prazo para solicitar os intercambios provisionais de prazas e recordámoslle que o modelo oficial de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), segundo o establecido na Orde do 17 de xuño de 2017 (DOG nº. 124, do 30 de xuño)

Resolución provisional da adxudicación de destinos provisionais para o curso 2017/2018 do persoal docente do corpo de mestres:

Listaxe adxudicación provisional   

Listaxe adxudicación provisional por orde alfabética

Vacantes provisionais

  O prazo de reclamacións e renuncias será de tres días naturais, polo tanto remata o luns 31 de xullo e deberán enviarse, ademais de pola vía ordinaria, ao correo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es