Volver

Galicia Ago 20, 2018

CADP - Publicación no DOG da adxudicación definitiva no Corpo de MESTRES


DOGRESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2018/19 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso ao servizo activo.

De acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto sexto da Resolución do 18 de xuño de 2018 (DOG núm. 121, do 26 de xuño), a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Primeiro. Publicar no anexo desta resolución a adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos polos/as mestres/as concursantes para o curso académico 2018/19.

A adxudicación definitiva terá efectividade do día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal.

Segundo. As persoas adxudicatarias destes destinos provisionais tomarán posesión no centro educativo con efectos do día 1 de setembro de 2018.

Terceiro. Os nomeamentos serán remitidos ao seu enderezo de correo electrónico.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


#Mobilidade do Profesorado #Destinos Provisionáis

Volver