De conformidade co previsto no artigo 8 do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: Pontevedra.
Concello: Redondela.
Código: 36007709.
Denominación actual: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) Santo Paio de Abaixo.
Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria (CEIP) de Reboreda.