CADP - Disposición transitoria á Orde do 7 de xuño de 2018


07 Set, 2018

DOGORDE do 4 de setembro de 2018 pola que se engade unha disposición transitoria a Orde do 7 de xuño de 2018, pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente ao corpo de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

«Disposición transitoria oitava. Efectividade dos artigos 2.1.j) e 39.2 da presente orde

O parágrafo segundo do artigo 2.1.j) e 39.2 desta orde entrarán en vigor coa solicitude que deberá formularse para o curso académico 2019/20.

Aquelas persoas que non realicen a solicitude de praza para o curso académico 2018/19 non perderán o seu posto na lista ou listas correspondentes e poderán ser chamados para realizar interinidades ou substitucións, unha vez efectuada a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico 2018/19».