CADP - Corpo de Mestres


19 Set, 2017

CADP - Corpo de Mestres

Luns 26/06/2017

 
 
   A solicitude de destinos farase a través de internet, empregando o portal educativo no enderezo: www.edu.xunta.es/cadp. Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es, polo que urxe a quen non a teña que proceda a solicitala polos medios actuais (solicitude a través do secretario do centro actual á UAC no 902 90 54 45). Deberá terse en conta que unha solicitude anula ou modifica a anterior da mesma especialidade, na aplicación informática, polo que sempre será obxecto de tratamento informático a última solicitude realizada na web dentro de prazo.
 
   O prazo será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
 
   Para o persoal opositor que supere o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, o prazo será de tres días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da lista de aprobados polos tribunais.
 
   Décimo oitava. Petición de prestar servizos nunha ou varias provincias

O profesorado interino e substituto que non obteña praza nesta adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como interino ou substituto nunha ou varias provincias, sen perda da orde da lista, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura das substitucións, no prazo do 15 de xullo ao 16 de agosto de 2017, ambos incluídos. A solicitude terá efectos durante todo o curso académico. O que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.

   Décimo novena. Petición de prestar servizos en determinados concellos

O profesorado a que se fai referencia neste punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995 poderá optar, durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións en concellos determinados. A opción deberá efectuarse no prazo comprendido entre os días 15 de xullo ao 16 de agosto do ano correspondente. Será obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente. Esta opción será por todo o curso académico.

 Coa entrada en vigor desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a publicar as relacións de persoal agrupados por colectivos coas especialidades que teñen recoñecidas na páxina web da consellería. O persoal interesado terá un prazo de dez días naturais para formular as reclamacións que entendan oportunas.
 
   Antes do 15 de xullo de 2017, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a publicar as vacantes provisionais que se ofertan neste concurso e reflectirá o seu perfil na páxina web da consellería. O persoal interesado terá un prazo de cinco días naturais para formular as reclamacións que entendan oportunas.
 
    RESOLUCIÓN PROVISIONAL farase pública o día 26 de xullo de 2017.
 
    Reclamacións: tres días naturais desde a súa publicación, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Ademais de pola vía ordinaria, a reclamación deberá remitirse por fax ao número 881 99 92 41 ou por correo electrónico ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.es
 
   RESOLUCIÓN DEFINITIVA na páxina web da consellería a partir do 1 de agosto de 2017. 
 
    O profesorado tomará posesión no centro educativo. Os efectos da toma de posesión dos destinos adxudicados será a do 1 de setembro de 2017.
 
   O centro educativo remitirá ao departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a toma de posesión, a declaración xurada de non estar incurso en actividade incompatible e os restantes documentos que teña establecidos o propio departamento territorial. Estes documentos estarán datados coa mesma data dos efectos económicos e administrativos da toma de posesión.