Volver

Galicia Set 05, 2018

CADP - Adxudicación definitiva de destinos provisionais do corpo de Catedráticos de Música e Artes Escénicas


WEBResolución do 5 de setembro de 2018 pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Resolución adxudicación de destinos provisionais do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

Anexo adxudicación de destinos provisionais do corpo de catedráticos de música e artes escénicas

 

Coa publicación da adxudicación definitiva na páxina web enténdese publicada a relación de persoal docente que participa no concurso de adxudicación definitiva. Esta adxudicación definitiva terá efectividade do día seguinte ao da súa publicación no enderezo da internet www.edu.xunta.gal, sen prexuízo de que a toma de posesión terá efectividade económica e administrativa do 1 de setembro de 2018.

 De conformidade co disposto no artigo 42 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B), contra esta resolución definitiva da adxudicación de destinos provisionais, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dirixido a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

 


#Mobilidade do Profesorado #Catedrátic@s

Volver