Volver

  • Noticia destacada

Galicia Ago 23, 2018

Bolsa de intercambios provisionais de destino no Corpo de MESTRES


WEB - Bolsa pola que se pode solicitar intercambiar o destino para o profesorado de educación infantil e primaria (curso 2018/2019)

>> Bolsa de intercambios provisionais (actualizada o día 22 de agosto de 2018)

 O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.

É importante que recorden que  a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 3 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.

Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes desta consellería (código ED002A)

Dirección de correo electrónico: permutas.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos: 981 54 44 82, 981 54 54 40, 981 54 44 87

Acceso ao formulario


#Mobilidade do Profesorado #Permutas

Volver