Anexo I: adxudicación definitiva dos destinos obtidos no concurso de traslados específico.
Anexo II: relación definitiva de excluídos.
O persoal que resulte adxudicatario, ademais de prestar servizos no centro base indicado no anexo I desta resolución, está obrigado a desprazarse aos centros compartidos e aos centros adscritos que, se e o caso, fosen incluídos nos anexos II e III da antedita orde de convocatoria.
Ademais, de conformidade coa base décimo oitava da Orde do 3 de novembro de 2017, deberá desprazarse aos centros que se poidan adscribir, segundo o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.
Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, o persoal interesado poderá formular, con carácter postestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados dende a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.