Bacharelato para persoas adultas, pola modalidade de Artes no IES San Clemente


14 Ago, 2018

DOGORDE do 1 de agosto de 2018 pola que se autorizan ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, pola modalidade de Artes, no réxime de educación a distancia telemática, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta aconsellable ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención ao alumnado de bacharelato.

Artigo único. Autorización de ensinanzas

Autorizar a implantación das materias Fundamentos da Arte I e II, Deseño e Cultura Audiovisual I e II, da modalidade de Artes do bacharelato para persoas adultas polo réxime a distancia telemático, no IES San Clemente de Santiago de Compostela, código de centro 15021482, a partir do curso 2018/19.