Volver

Galicia Nov 28, 2017

Axudas para proxectos do fomento de uso do galego


  ORDE do 16 de novembro de 2017 pola que se anuncia a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2017/18 (ED101C).

 
   A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2017/18 (ED101C), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.
 
   Os centros de ensino público de Galicia que desexen acollerse aos beneficios desta convocatoria deberán formalizar a súa solicitude  no modelo normalizado que se publica como anexo I desta orde, que deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal/portada
 
 
   As solicitudes, debidamente asinadas polo director ou directora do centro como representante legal deste, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED101C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
 
   O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de xaneiro de 2018. 
171128_gale


#Plurilingüismo #Plans e Programas

Volver