Volver

Galicia Xul 13, 2017

Axudas alumnado para formación en Linguas Estranxeiras


Xoves 13/07/2017    ORDE do 3 de xullo de 2017 pola que se resolve a adxudicación das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.   Luns 27/02/2017  ORDE do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.     As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.     O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2017.     Requísitos:   - Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.   - Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16.  - Ter acadado no curso 2015/16 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» no 6º curso de educación      primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e  de bacharelato.  ()    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).      


#Ensinanzas de Idiomas #Premios, Becas e Axudas

Volver