Volver

Galicia Xan 11, 2017

Axudas - Froitas frescas ao alumnado


Mércores 11/01/2017  CORRECCIÓN de erros. Resolución do 20 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade da relación de centros escolares beneficiarios das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia para o curso escolar 2016/17.  Mércores 04/01/2017     RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade da relación de centros escolares beneficiarios das axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares de Galicia para o curso escolar 2016/17.    Luns 04/07/2016    RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2016/17.    A Consellería do Medio Rural, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, ten entre as súas prioridades estratéxicas a contribución á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable do alumnado dos centros escolares de Galicia, a través do Programa «Aliméntate ben». No marco do dito programa intégranse as accións da consellería que teñen como obxecto a incidencia nos hábitos alimenticios do alumnado dos centros escolares de Galicia.    Será destinatario da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros escolares situados na Comunidade Autónoma, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:a) Educación infantil segundo ciclo.b) Educación primaria.c) Educación secundaria obrigatoria.    Contía da axuda e período de repartición1. O importe máximo da axuda é de 0,25 euros por alumno/a e día lectivo.2. A froita repartirase nos períodos autorizados, que serán de 5 días lectivos consecutivos. Poderanse solicitar dun a catro períodos, de maneira consecutiva ou non.O/os períodos de repartición estarán comprendidos entre o 1 de decembro de 2016 e o 31 de maio de 2017.   As persoas solicitantes que queiran participar neste Programa deberán solicitalo ao Fondo Galego de Garantía Agraria, segundo o modelo que figura no anexo II. O prazo para presentar as solicitudes correspondentes ao curso escolar 2016/17 será dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. 


#Centros #Premios, Becas e Axudas

Volver