Avaliación final de educación secundaria obrigatoria neste curso 2017/18


26 Abr, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

Esta avaliación terá carácter mostral. Aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2017/18 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

As materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira serán a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia lingüística; as materias de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas e Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas serán a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia matemática; e a materia de Xeografía e Historia será a referencia principal para a determinación do grao de adquisición da competencia social e cívica.

As probas, con carácter xeral, serán aplicadas e corrixidas por profesorado que non imparta docencia ao alumnado avaliado.

A aplicación das probas realizarase os días 29 e 30 de maio de 2018

No caso de que algún centro docente non poida realizar algunha das probas nas datas establecidas no punto anterior, por coincidir cun día non lectivo no centro docente ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro comunicarao á Inspección educativa e á comisión local establecida no punto noveno desta resolución, cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio da proba. A comisión, oída a inspección do centro, adoptará as medidas necesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior.

Sétimo. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo