Avaliación final de educación primaria para o curso 2017/18


26 Abr, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017/18.

Esta avaliación terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica. Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

As probas, con carácter xeral, serán aplicadas e corrixidas por profesorado que non imparta docencia ao alumnado avaliado.

A aplicación das probas realizarase os días 29 e 30 de maio de 2018.

No caso de que algún centro docente non poida realizar algunha das probas nas datas establecidas no punto anterior, por coincidir cun día non lectivo no centro docente ou por circunstancias sobrevidas que imposibiliten a súa realización, a dirección do centro comunicarao á Inspección educativa e á comisión local establecida no punto noveno desta resolución, cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio da proba. A comisión, oída a inspección do centro, adoptará as medidas necesarias para que se realicen as probas nunha data inmediatamente posterior.

Sétimo. Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo