Volver

Galicia Out 23, 2018

Autorización de Proxectos experimentais de FP dual de ciclos formativos en centros educativos


DOGORDE do 9 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Modifícase parcialmente a oferta educativa publicada na Orde do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades coa implantación do ciclo de grao medio de Carrozaría no IES A Sangriña. Este proxecto terá como duración os cursos 2018/19 e 2019/20, e a distribución de módulos por curso académico será coincidente coa distribución para o réxime ordinario deste ciclo formativo.

A formación realizarase de forma compartida entre o centro educativo e as empresas Inturasa-Pérez Rumbao, S.A., Vehículos Pérez Rumbao, S.A., Celta Motor, S.L., Codelauto, S.A., Taller Sport Novas, S.L., Automarca Center, S.L., e Álvaro Hermida, S.L.

A distribución da formación curricular do ciclo formativo e a temporalización dos módulos profesionais será o establecido no convenio subscrito entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as empresas citadas con anterioridade. O convenio poderá ser consultado no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual.


#Formación Profesional #Plans e Programas

Volver