Autorización de proxectos experimentais de formación profesional dual


22 Xun, 2018

DOGORDE do 14 de xuño de 2018 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (código de procedemento ED513A). Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo II.

A distribución de módulos para cada ciclo formativo e curso escolar establécese no anexo III.

Cada solicitante presentará unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irá dirixida á dirección do centro educativo.

Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 25 de xuño ata as 13.00 horas do día 3 de xullo de 2018.