Volver

Galicia Feb 25, 2019

Autorización de bacharelato na modalidade de Artes no IES Val do Tea de Ponteareas


DOGORDE do 13 de febreiro de 2019 pola que se autorizan as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Val do Tea de Ponteareas.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades e o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.

Por todo canto antecede, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, autorízanse as ensinanzas de bacharelato na modalidade de Artes no IES Val do Tea, do concello de Ponteareas (código 36013692) a partir do curso 2019/20.


#Centros #Ensinanzas

Volver