Volver

Galicia Mai 15, 2019

Apertura do prazo para o persoal interino e substituto que solicite a NON PARTICIPACIÓN no CADP


DOG - ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (ED002B).

ENLACE á aplicación

Tal e como se recolle no artigo 39 da  Orde do 7 de xuño de 2018:

" Artigo 39. Solicitude de non participación ou renuncia á resolución provisional

1. O persoal interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación poderá solicitar cada curso académico non participar nesta convocatoria ou renunciar á resolución provisional, sen perder o número de orde na lista correspondente e sen que se admitan renuncias parciais, nos supostos recollidos no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias:

– Atender o coidado dunha/dun filla/fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

– Para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

– Excepcionalmente, para atender o coidado dun familiar que teña ao seu cargo, en segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou en-fermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, cando non existan superviventes de primeiro grao ou estean incapacitados para atender o seu coidado ou se trate de persoas conviventes.

– Por enfermidade grave do propio docente.

– Por ter concedida unha bolsa de estudos.

– Por ser vítima de violencia de xénero.

– Por ampliación de estudos. Enténdese que hai ampliación de estudos cando se rea-lizan estudos para obter un título de doutor, máster oficial ou grao, ou equivalente, ou de técnico superior. Cando sexa o caso, deberá efectuarse a matrícula de, polo menos, 30 créditos e acreditar a realización das correspondentes probas ao final do curso académico.

– Por calquera das circunstancias que permite ao persoal funcionario a concesión dos servizos especiais.– Por ter un contrato de traballo de carácter temporal ou prestar servizos, tamén con carácter temporal, noutro posto do sector público, sempre que non se esgotaran os tres cursos académicos recollidos no acordo.

O prazo para que o persoal interino e substituto solicite a non participación na convocatoria é o comprendido entre o 15 e o 31 de maio. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documenta-ción xustificativa de que o persoal interino ou susbtituto se atopa nalgunha das situacións rela-cionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. A solicitude de non participación e a documentación xustificativa deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.


#Mobilidade do Profesorado #Destinos Provisionáis #Interinos

Volver