Volver

Galicia Mai 24, 2019

Apertura do 2º prazo das Comisións de servizos por motivo de saúde no Corpo de Mestres


WEBApertura do segundo prazo para o persoal docente do corpo de mestres para solicitar comisións de servizos por motivo de saúde 2019

O segundo prazo para solicitar unha comisión de servizo por motivos de saúde é o comprendido entre o 24 de maio e o 13 de xuño de 2019 (15 días hábiles

Poderán solicitar unha comisión de servizo por motivo de saúde neste prazo todo o persoal docente do corpo de mestres que participaron no concurso xeral de traslados.

Para solicitar unha comisións de servizos deberá acceder ao enderezo:  www.edu.xunta.es/cadp e deberá facer a súa solicitude a través desta aplicación informática.

Logo de cubertos todos os datos, a persoa solicitante ten que acceder á pestana “Validación final” e premer no botón “Validar instancia”. A continuación, para obter o documento coa solicitude que deben presentar por rexistro, deberá premer o botón “Obter comprobante da instancia” e xerarase un documento PDF coa solicitude cuberta. Esta solicitude deberá imprimila dende o buzón de informes e presentala por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas. Coa solicitude deberá achegar a documentación que alegue para optar á comisión solicitada.

Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

Teléfonos de información: 981 54 44 82, 981 54 44 88, 981 54 54 90

Orde do 30 de abril de 2007: Convocatoria de comisión de servizo por motivos de saúde (DOG)

Corrección de erros da convocatoria (DOG)

 


#Mobilidade do Profesorado #Comisións de Servizo

Volver