Volver

Galicia Feb 01, 2019

Apertura de prazo para a actualización do expediente por parte do profesorado


WEBÁbrese o prazo para actualizar o expediente por parte do persoal docente funcionario de carreira que non participa no concurso xeral de traslados, así como por parte do persoal docente funcionario en prácticas que non alegou datos durante o prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados.

Poderán actualizar o seu expediente persoal alegando os méritos que non consten neste, no enderezo http://www.edu.xunta.es/datospersoais.

A través do dito enderezo  poderán xerar unha solicitude coas alegacións introducidas, que deberán rexistrar e presentar xunto con copia cotexada da documentación xustificativa dos méritos alegados. Esta documentación xustificativa deberá remitirse numerada e ordenada segundo o que figura na solicitude. Non se validarán publicacións agora e polo tanto non hai que entregalas.

  • O prazo estará aberto dende o 04/02/2019 ata o 18/02/2019, ambos incluídos.
     

Poden consultarse tamén a relación de preguntas e respostas máis frecuentes relacionadas coa alegación de méritos do persoal docente que constan na aplicación ENLACE.


#Funcionari@s #Concurso de Traslados

Volver