Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial

Volver

  • Noticia destacada

Galicia Feb 13, 2018

Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Este decreto ten por obxecto fixar o currículo dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 das ensinanzas de idiomas de Réxime Especial, de conformidade co establecido no Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro.

Así mesmo, regula as condicións en que se poden obter os certificados acreditativos da superación dos niveis Básico A1, Básico A2, Intermedio B1, Intermedio B2, Avanzado C1 e Avanzado C2 destas ensinanzas, así como os seus efectos e a documentación académica necesaria para garantir a mobilidade do alumnado.

Esta disposición ten, igualmente, a finalidade de regular os requisitos mínimos das escolas oficiais de idiomas no relativo á relación numérica entre estudantes e profesorado, instalacións docentes e número de postos escolares.

Nas ensinanzas de idiomas de réxime especial teranse en conta as especificacións que se establecen no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, especialmente nos seus artigos 17.1 e 18, así como as prescricións do artigo 24 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, como garantía dunha educación acorde co principio de igualdade.

180208_antedeceoi


#Ensinanzas de Idiomas #Mesa Sectorial

Volver