Volver

Galicia Abr 29, 2019

ANPE volta esixir o "chamado cobro de verán" para o persoal SUBSTITUTO


WEB - ANPE vén de esixir nun ESCRITO ante a Consellería a RESTITUCIÓN dos NOMEAMENTOS en XULLO e os días de AGOSTO que procedan para o persoal substituto que traballara mais de 5 meses e medio tal e como se recolle no Acordo de interinos  de xuño de 1995 firmado por ANPE. (ENLACE ao ESCRITO)

Ata o ano 2012 o persoal substituto tiña dereito a contrato no mes de xullo e os días de agosto correspondentes ( o coñecido como "cobro do verán") tal e como se recollía no apartado duodécimo do Acordo de interinos e asinado no 2006: 

"Décimo oitavo. Dereitos retributivos do profesorado substituto

1. A partir do inicio do curso académico 2007/08, o profesorado substituto que preste servizos efectivos nun curso académico durante polo menos cinco meses e medio terá de- reito a que se lle efectúe un nomeamento polo mes de xullo e polos días do mes de agosto que procedan, unha vez deducidos os aboados por vacacións non gozadas".

Durante 2 anos a Xunta de Galicia suspendeu unilateralmente a aplicación deste punto coa excusa da famosa crise económica pero, dende ANPE levamos ano tras ano reclamando a RESTITUCIÓN deste punto recollido no Acordo de interinos e seguiremos a facelo!!!


#Acción sindical #Interinos

Volver