ANPE presenta no Ministerio a recollida de firmas pola Equiparación Salarial


25 Abr, 2018

NP - ANPE REUNIUSE CO SECRETARIO DE ESTADO DE EDUCACIÓN PARA INFORMARLLE DA RECOLLIDA DE FIRMAS DA CAMPAÑA DE EQUIPARACIÓN SALARIAL DOCENTE, DA NECESIDADE DE REVERTER OS RECORTES E PROPOSTAS PRIORITARIAS NO NOSO SISTEMA EDUCATIVO.

Na reunión presentouse a campaña de equiparación salarial dos docentes que ANPE puxo en marcha hai pouco máis dun mes. Na citada campaña, ANPE denuncia a diferenza salarial existente entre docentes das distintas Comunidades Autónomas, lembrando que os corpos docentes teñen carácter estatal, aínda que están transferidos ás Comunidades Autónomas. ANPE trasladou ao Ministerio de Educación a necesidade de establecer un sistema de retribucións e unha carreira profesional para todo o Estado no marco dun Estatuto da Función Pública Docente, ademais de asegurar a equiparación salarial coas Comunidades Autónomas con mellores retribucións.

 Doutra banda, ANPE reiterou a necesidade de reverter os recortes que actualmente se recollen no RD-Lei 14/2012 , e que impiden, entre outras cuestións, a redución do horario lectivo do profesorado. Desde ANPE esiximos que, do mesmo xeito que o Goberno pactou con outros sindicatos a posibilidade da reducción da súa xornada semanal a 35 horas posibilite, coa derrogación do citado RD-Lei, a reducción do horario lectivo dos docentes.

ANPE volveu insistir na necesidade de abordar, haxa Pacto ou non, as seguintes cuestións:

 - Vertebrar e cohesionar o sistema educativo, é fundamental para garantir principios como a igualdade de oportunidades e a cohesión social en todo o territorio nacional.

 - A situación do profesorado e o seu futuro profesional, que dea resposta ao deseño da profesión docente, nun dobre aspecto: unha lei da profesión docente e un Estatuto do Profesorado, que defina como atraer aos mellores ás aulas, como formalos e como regular unha carreira profesional que faga atractiva e motivadora o desempeño da súa función e que contemple unhas retribucións equiparables en todo o Estado.

 - O ensino público como eixo vertebrador do sistema educativo, sen exclusión doutras redes, ao mesmo tempo que alcancemos un acordo básico de financiamento que permita acometer as reformas necesarias en igualdade de condicións en todo o Estado.

180426_np_retrib