Volver

Galicia Ago 31, 2017

ANPE por un PACTO EDUCATIVO


Xoves 31/08/2017    ANTE O INICIO DO CURSO ESCOLAR ANPE RECLAMA UN PACTO EDUCATIVO QUE DÉ POR FIN ESTABILIDADE AO SISTEMA EDUCATIVO PARA MELLORAR A CALIDADE DO ENSINO  Preséntase un curso escolar cheo de expectativas coa elaboración do Pacto Educativo que esperamos que termine con tantos anos de incerteza que se cernen sobre o panorama educativo. Por tanto, ANPE esixe ao Ministerio de Educación: ·  Elaborar e poñer en marcha o Pacto educativo ou Acordo de estado básico (...) · Reverter os recortes en Educación, aumentar o investimento e rendibilizar óptimamente os recursos para que repercutan na mellora do sistema educativo (...)  · Abordar a situación do profesorado, que pasa pola elaboración dun Estatuto Docente (...)   O curso pasado finalizou co compromiso do Ministerio de Educación de convocar amplas ofertas de emprego público (150.000 prazas) nos próximos 5 anos con 3 convocatorias por corpo docente, para cumprir co regulado na Lei de Orzamentos Xerais do Estado na que se fixa o obxectivo de reducir nos próximos anos a un 8% a taxa de interinos docentes existentes, situada actualmente en todo o Estado por encima do 20%.  Desde ANPE trasladamos ao Ministerio a necesidade de coordinar e dotar de seguridade xurídica e rigor aos procesos que se convoquen e fixar unhas regras do xogo que sexan coñecidas con suficiente antelación por todos os interinos e aspirantes co obxectivo de dotar aos centros de persoais estables...   


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver