Volver

Galicia Xan 19, 2018

ANPE GALICIA pide a recuperación das condicións laborais e económicas dos docentes galegos


O Sindicato ANPE solicita ao Goberno Autonómico a recuperación das condicións laborais e económicas dos docentes da Comunidade Autónoma.

            Por iso, ante os múltiples acordos pechados polas distintas Comunidades Autónomas (Madrid, Castela a Mancha, Canarias, Cantabria, Castela León, A Rioxa…) ANPE esixe ao Goberno da Xunta de Galicia que invista os medios económicos necesarios para conseguir a recuperación das condicións laborais do profesorado ao seu estado anterior ao comezo dos recortes, así como diálogo e negociación no plano educativo.

            ANPE esixe un gran Acordo que leve á revisión de todos os recortes e que comporte unha mellora nas condicións de traballo do profesorado e unha aposta decidida pola atención á diversidade. A maioría das comunidades negociaron acordos de mellora, mentres que os Gobernos de Núñez Feijoo só aplicaron recortes sen logro algún para o profesorado galego.

          ANPE seguirá as vías da negociación e da presión sindical para recuperar todos os dereitos perdidos e para que tanto o Goberno Autonómico como a Consellería de Cultura e Educación, aposten decididamente polo ensino público en nosa comunidade.

 

                                                                   Secretaría de Comunicación.     Santiago, 18 de xaneiro de 2018 

180118_npconlabo


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver