Volver

Galicia Set 18, 2017

ANPE esixe solucións HORARIOS e AFINS


Martes 12/09/2017  ANPE reclama perante  a Consellería solucións ás disfuncións na elección de horarios e de materias afins.     Dende ANPE esiximos unhas instruccións de inicio de curso que aclaren as ambigüedades que presenta a Orden vixente sobre a elección de horarios (DOG 6/7/2010).  A resposta "Ante as dúbidas, consulten cos inspectores dos centros", non é válida cando, ante a mesma pregunta, os diferentes inspectores non dan a mesma resposta, ou cando a interpretación dos directores "non necesita desa consulta á inspección".     ANPE detecta así mesmo, numerosas irregularidades neste inicio de curso, moitas das cales repítense ano tras ano. Exemplo do mesmo son problemas con funcionari@s definitivos aos que lles asignan, na adscrición funcional e en contra da calidade do ensino, materias "afíns" que non teñen que ver co seu departamento nin, obviamente, coas titulacións deses funcionari@s, ou publicar vacantes con afíns na Resoución Definitiva do CADP, cando en realidade non existe horario da citada afín, perxudicando áo persoal docente que ten máis dereito por orde de adxudicación a esas prazas.   Dende ANPE seguimos, e seguiremos, a denunciar todas as situacións irregulares detectadas, porque entendemos que a Consellería de Educación debe perseguir a calidade do ensino como garantía irrenunciable,  e nós, como representantes do profesorado, esiximos que dita calidade debe iniciarse coa defensa do profesorado galego e o seu traballo.


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver