ANPE en rolda de prensa esixe a restitución dos dereitos laborais, económicos e sociais


11 Set, 2018

Os responsables do sindicato independente do ensino público en Galicia, ANPE, Julio Díaz e Julio Trashorras esixiron a "restitución" dos dereitos laborais, económicos e sociais dos traballadores educativos, coa devolución de 6.000 euros -- detraídos nas pagas extraordinarias entre 2013 e 2017--, e a reiteración da súa negativa para aceptar que a "escasa" subida retributiva de 90 euros nos salarios que se dividirá en catro partidas orzamentarias ata 2021. ANPE non firmou o acordo retributivo deste verán porque non soluciona a perda de poder adquisitivo do profesorado galego ao tratarse do acordo "mais raquítico" de cantos houbo. ENLACE á noticia

Ademáis da contía das pagas extras retraídas que supón unhos 6.000 euros, reivindican o cobro dobre da paga extra que so se aplicou unha vez no ano 2009. 

A eliminación dos descontos por Incapacidade Temporal (IT).

A restitución do cobro do mes de xullo e parte de agosto para o persoal substituto que traballe mais de 5 meses e medio (eliminado en 2012)

Tamén insistiron en demandar a Disminución de horario lectivo (aumentado en 2011)e a reducción de carga burocrática nos centros.

Finalmente fixeron unha valoración dos datos oficiais dos procesos selectivos ENLACE