Volver

Galicia Feb 22, 2018

ANPE consigue coa súa xestión un aumento do número de vacantes no Concurso de Traslados


Desde ANPE loitamos (e seguimos a facelo) polo incremento de vacantes a cubrir e por reducir a provisionalidade do profesorado galego que, en moitos casos, permanece nesta situación máis de 10 anos privándos de estabilidade no eido persoal e no eido profesional co conseguinte perxuicio tamén para o alumnado.

Por outra banda, congratulámonos do aumento de vacantes no Corpo de Mestres nas especialidades de PT e AL ainda que insuficientes, supón un avance. Levamos anos denunciando que non se están a cubrir as necesidades de atención á diversidade tal e como se vende nos medios de comunicación. Cada ano se produce un aumento deste tipo de alumnado que non se corresponde co número de especialistas que deben cubrir este eido.

Así mesmo, no Corpo de Secundaria tras facer unha comparativa de oferta de prazas nos CADP e CXT e xubilacións conseguimos que a Consellería aumentara as vacantes ofertadas inicialmente feito que contribuirá a reducir a provisionalidade do profesorado deste corpo sen olvidar que seguimos reclamando á Consellería a restitución dos dereitos recortados nos últimos anos entre os que se encontra a reducción do horario lectivo a 18 horas.


#Acción sindical #Concurso de Traslados

Volver