ANPE presenta unha queixa por problemas e descontrol no inicio das Oposicións


25 Xun, 2018

ANPE Demanda da Administración a seriedade e rigor que os procesos selectivos, e sobre todo @s opositor@s, merecen.

Ante as protestas xurdidas no inicio destes procesos selectivos, ANPE presenta una queixa, ante a Consellería, sobre as incidencias acaecidas o pasado sábado 23 de xuño:

* Probas mal plantexadas, exercicios sen solución, mal formulados ou con solucións múltiples.

* Versión de exames diferentes según estivesen en castelá ou en galego.

* Lugares de examen con accesos restrinxidos, con temperaturas excesivamente elevadas e sen ventilación, falta de espazo e totalmente inaxeitados para o desevolvemento de proba.

* Chamamentos equivocados.

* Vulneración do principio de igualdade nalgún tribunal que, por falta de previsión, dividiu a xente por falta de sillas, deixando os opositor@s en distintas condicións de espazo e entorno.

* Filtración de datos

...

Todos os anos a mesma historia ao comezar as probas sen que a Consellería sexa quen de darlles solución. BASTA XA!