Volver

Galicia Dec 09, 2016

ANPE entrega as sinaturas para a devolución das extras


Venres 09/12/2016    ANPE fixo entrega esta mañá no rexistro da Xunta das sinaturas recollidas pedindo a devolución das PAGAS EXTRAS detraídas dende o 2013.    Ante a próxima negociación e aprobación dos orzamentos xerais da nosa Comunidade Autónoma para o ano 2017 e ante o anuncio da "normalización" de cobro de pagas extraordinarias para o vindeiro ano, desde ANPE Galicia non nos damos por satisfeitos e queremos seguir esixindo o cobro do 100% nas vindeiras extras, xa que só recuperamos o complemento específico detraído e rescatar as cantidades deixadas de percibir desde o ano 2013 ata o 2016. A comenzos do presente curso 2016-17 e, despois de anos de reclamacións, ANPE Galicia iniciou unha campaña reivindicativa esixindo á Xunta de Galicia a restitución da totalidade do importe das pagas extras dos docentes dende o 2013. Froito desta campaña, ANPE Galicia recolleu preto de 2000 sinaturas de apoio por parte do profesorado galego á nosa petición e que se achegan adxuntas ao escrito (LINK)
         

historico


#Acción sindical #Notas de Prensa

Volver