Volver

Galicia Xan 08, 2019

Ampliación permiso de maternidade a 22 semanas e fin dos descontos por IT (incapacidade temporal)


ANPE informa de que tal e como se recolle na LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas publicada no DOG o 28 de decembro:

  Nove. Modifícase o número 1 do artigo 121, que queda coa seguinte redacción:

«1. Nos casos de parto, a nai funcionaria ten dereito a un permiso retribuído de vinte e dúas semanas ininterrompidas, que se distribuirán por elección da persoa titular do dereito, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto.».

A nova duración do permiso por parto e do permiso por adopción ou acollemento será aplicable tamén a aquel persoal funcionario que veña gozando de tales permisos no momento da entrada en vigor desta lei.

Dez. Modifícase o número 1 do artigo 122, que queda coa seguinte redacción:

«1. Nos casos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, o persoal funcionario ten dereito a un permiso retribuído de vinte e dúas semanas ininterrompidas, do que se fará uso, por elección da persoa titular do dereito, en calquera momento posterior á efectividade da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, sen que en ningún caso un mesmo menor poida dar dereito a varios períodos de aproveitamento deste permiso.».

*** Disposición adicional quincuaxésimo cuarta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, dáse nova redacción ao número 3 do artigo 146 da Lei 2/2015, do 19 de abril, co fin de eliminar as restricións retributivas derivadas das situacións de incapacidade temporal e da expedición de licenza por enfermidade, o que determina, así mesmo, a derrogación do artigo 2 da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, tal e como se recolle na disposición derrogatoria.

*** Non houbo modificación no permiso de paternidade.


#Acción sindical #ANPE Informa

Volver