Adxudicación provisional do concurso de méritos específico atención preferente


27 Xun, 2018

WEB - Adxudicación provisional do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización ao alumnado de atención preferente

O persoal participante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución provisional na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal interesado poderá presentar renuncia a súa participación no concurso. A renuncia á participación neste concurso implica a renuncia a todas as peticións formuladas.

As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude o artigo 3 da orde e remitiranse ademais por correo electrónico a: persoal.primaria@edu.xunta.es.

Adxudicación provisional

Baremo provisional

Relación provisional de persoas exluídas