Adscripción do profesorado en As Pontes e Outes


27 Set, 2017

Mércores 27/09/2017      ORDE do 18 de setembro de 2017 pola que se fai pública a relación do persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado na Orde do 19 de xullo de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 4 de agosto) pola que se desenvolve o Decreto 60/2017, do 22 de xuño, de reorganización de centros docentes de determinadas localidades.    De conformidade co punto décimo primeiro da citada orde o persoal funcionario docente que se adscriba con carácter definitivo no novo Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes, ou no Colexio de Educación Infantil e Primaria A Magdalena, ou nos centros receptores de ensinanzas manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.    Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 

170927_adsnuevas_1509382510