Volver

Galicia Mai 13, 2019

Admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.


DOGRESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2019/20.

1. O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, a Escola Superior de Arte Dramática deberá expor no seu taboleiro de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade. 

2. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de maneira telemática cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na Secretaría da Escola superior de Arte Dramática de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

3. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática.

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo co artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016. 

2. As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática darán comezo o día 1 de xullo na sede da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, segundo figura no anexo II desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 15 e 29 de xullo, ambos os dous incluídos.

2. Para formalizar as solicitudes de matrícula, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única solicitude de matrícula na Secretaría da Escola, que se xuntará á documentación xa presentada polo/a aspirante. A non formalización da solicitude de matrícula no prazo estipulado, agás causas debidamente xustificadas que valorará a Dirección da Escola superior de Arte Dramática, implicará a perda do dereito á praza asignada para cursar estas ensinanzas no ano académico 2019/20.

3. Rematado o prazo ordinario de matrícula, o día 31 de xullo, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia remitiralle á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade, así como a relación de prazas vacantes por especialidades.

4. No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro, de acordo co establecido nesta resolución. Para tal fin, o centro establecerá un calendario destas na primeira quincena de setembro e fará públicas as vacantes nas distintas especialidades no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Finalizado o proceso, o centro comunicaralle á dirección xeral competente en materia de educación o resultado destas probas e, de ser o caso, o número de prazas que quedasen sen cubrir. 

5. A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun mínimo de alumnado admitido, sen se cuantificar para estes efectos o alumnado repetidor.

1. De acordo co establecido no artigo 32 da Orde do 21 de novembro de 2016, a cualificación das probas de acceso poderá ser obxecto de reclamación perante a Dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que a someterá ao tribunal avaliador correspondente. Logo de recibido o informe do tribunal, o director ou a directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de dous días.

2. Contra a resolución emitida en resposta ás reclamacións das probas de acceso a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada perante a xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional correspondente no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a Dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da xefatura territorial porá fin a vía administrativa.

3. Tamén poderán ser obxecto de reclamación os acordos e decisións sobre a asignación de prazas, mediante escrito fundamentado na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dirixida á comisión de acceso, e/ou mediante correo electrónico no seguinte enderezo: sxapere@edu.xunta.gal.


#Centros #Alumnado

Volver