Volver

Galicia Mai 13, 2019

Admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/20


DOGRESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/20.

1. O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas en cada especialidade e itinerario.

2. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías dos conservatorios.

3. Na solicitude deberanse indicar a especialidade e o itinerario, de ser o caso, a que se desexa acceder, así como a preferencia de centro en que se desexa cursar naquelas especialidades que se ofertan nos dous conservatorios.

4. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría do centro.

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terá lugar o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo co artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016.

2. As probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Música darán comezo o día 20 de xuño en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia, segundo figura no anexo II desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 9 e 22 de xullo, ambos os dous incluídos.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, os conservatorios superiores de música facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto.

1. De acordo co establecido no artigo 32 da Orde do 21 de novembro de 2016, a cualificación das probas de acceso poderá ser obxecto de reclamación perante a Dirección do conservatorio superior de música, quen a someterá ao tribunal avaliador correspondente. Logo de recibido o informe do tribunal, o director ou a directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de dous días.

2. Contra a resolución emitida en resposta ás reclamacións das probas de acceso, a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional correspondente no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a Dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da Xefatura Territorial poñerá fin á vía administrativa.

3. Tamén poderán ser obxecto de reclamación os acordos e decisións sobre a asignación de prazas, mediante escrito fundamentado na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dirixido á Comisión de Acceso, e/ou mediante correo electrónico no seguinte enderezo sxapere@edu.xunta.gal.


#Centros #Alumnado

Volver