Volver

Galicia Mai 13, 2019

Admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para 2019/20


DOGRESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2019/20.

1. O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 7 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais deberá expor no seu taboleiro de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado, así como o número de prazas ofertadas.

2. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.

3. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

1. A proba para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación celebrarase o día 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela, segundo o establecido no anexo I desta resolución e de acordo co artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016.

2. As probas específica de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais desenvolveranse o día 4 de xullo na da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, segundo figura no anexo II desta resolución e de acordo co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de novembro de 2016.

1. Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 19 e 24 de xullo, ambos os dous incluídos.

2. Para a formalización das solicitudes de matrícula, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia facilitaranlles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única solicitude de matrícula na secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada polo/a aspirante. A non formalización da solicitude de matrícula no prazo estipulado, agás causas debidamente xustificadas que valorará a dirección da escola superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, implicará a perda do dereito á praza asignada para cursar estas ensinanzas no ano académico 2019/20.

3. Rematado o prazo ordinario de matrícula, o día 29 de xullo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia remitirá á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a listaxe de alumnado matriculado en cada especialidade, así como relación de prazas vacantes por especialidades.

4. O día 31 de xullo a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicará no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal) as listaxes de espera para a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, por quenda de acceso.

5. No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro, de acordo co establecido nesta resolución. Para tal fin, o centro establecerá un calendario destas na primeira quincena de setembro e fará públicas as vacantes no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. Finalizado o proceso, o centro comunicará á dirección xeral competente en materia de educación o resultado destas probas e, de ser o caso, o número de prazas que quedasen sen cubrir.

6. A posta en marcha do primeiro curso destas ensinanzas estará condicionada á existencia dun mínimo de 10 alumnos/as admitidos/as, non se cualificará, para estes efectos, o alumnado repetidor.

1. De acordo co establecido no artigo 30 da Orde do 21 de novembro de 2016, a cualificación das probas de acceso poderá ser obxecto de reclamación perante a dirección da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, quen a someterá ao tribunal avaliador correspondente. Logo de recibido o informe do tribunal, o director ou a directora do centro emitirá resolución motivada ao respecto no prazo de dous días.

2. Contra a resolución emitida en resposta ás reclamacións das probas de acceso a persoa interesada poderá presentar recurso de alzada perante a xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional correspondente no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. No caso de que o recurso se presente a través do centro, a dirección tramitarao xunto coa documentación correspondente nun prazo non superior a 48 horas. A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.

3. Tamén poderán ser obxecto de reclamación os acordos e decisións sobre a asignación de prazas, mediante escrito fundamentado na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dirixida á comisión de acceso, e/ou mediante correo electrónico no seguinte enderezo: sxapere@edu.xunta.gal.


#Centros #Alumnado

Volver