Admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música


04 Mai, 2018

DOG - RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos conservatorios superiores de Música para o curso 2018/19.

A inscrición farase nas secretarías dos conservatorios superiores de Música no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o 13 de xuño, ambos os dous incluídos.

Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores de Música facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.