Volver

Galicia Mai 23, 2019

Admisión de alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño


DOGRESOLUCIÓN do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

1. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

2. O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 25 de xuño para os ciclos de grao superior e ata o 6 de setembro para os ciclos de grao medio. Para tal fin, as escolas de arte e superiores de Deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitarán ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignado.

As escolas de arte e superiores de deseño onde se realice a inscrición remitirán o día 26 de xuño á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través do correo electrónico sxapere@edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas inscritas para o acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior, reclamación na escola onde se inscribisen, durante os días 27 e 28 de xuño.

relación definitiva de persoas inscritas para o acceso e admisión aos ciclos formativos de grao superior e remitirán por correo electrónico (sxapere@edu.xunta.gal) a dita relación á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o día 29 de xuño.

8. A relación definitiva de persoas inscritas será exposta no portal educativo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal) o día 2 de xullo.

Para a administración das probas de grao medio constituirase un tribunal avaliador en cada unha das escolas de arte e superiores de deseño en que se imparta algún ciclo formativo de grao medio, coa composición que figura no anexo III desta resolución.

O tribunal avaliador de cada escola de arte e superior de deseño é o órgano competente para resolver sobre a admisión do alumnado. Nos centros públicos, a dirección será a responsable do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e corresponde á Xunta de Escola garantir o seu cumprimento. Nos centros autorizados de Arte, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e corresponde ao Consello Escolar garantir o seu cumprimento.

Unha vez concluídas as probas específicas, cada tribunal avaliador publicará, o día 19 de setembro, a listaxe de persoas aspirantes admitidas e non admitidos.

As persoas aspirantes que obteñan praza, asignada por resolución dos tribunais avaliadores, deberán formalizar a súa matrícula entre os seguintes días:

– Grao medio: días 23 e 26 de setembro, ambos os dous incluídos.

– Grao superior: do día 19 ao 30 de xullo, ambos os dous incluídos.


#Centros #Alumnado

Volver