Volver

Galicia Mar 07, 2018

Addenda de interinos_modificación da redacción nalgunhas listas


RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSI.F e FETE-UGT polo que se modifica a disposición adicional primeira do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

Na oferta de emprego do ano 2018 convocaranse por primeira vez procedementos selectivos para o ingreso na especialidade de «Organización e xestión comercial» do corpo de profesores de ensino secundario. Isto obriga a elaborar unha lista desta especialidade coa finalidade de cubrir as interinidades e substitucións que procedan. Coa finalidade de preservar os dereitos das persoas que viñan prestando servizos como persoal interino ou substituto nesta especialidade, acórdase dar unha nova redacción.

  • Organización e xestión comercial: cando se convoque o concurso-oposición nesta especialidade, configurarase a lista dela entre as persoas que se presenten ao concurso-oposición, tendo en conta que terán prioridade as pertencentes á lista de Administración de Empresas.
  • Procesos de xestión administrativa: Cando se convoque o concurso-oposición nesta especialidade, configurarase a lista dela entre as persoas que se presenten ao concurso-oposición, tendo en conta que terán prioridade as pertencentes á lista de Procesos Comerciais.
  • Operacións de proceso: Cando se convoque o concurso-oposición nesta especialidade, configurarase a lista dela entre as persoas que se presenten ao concurso oposición, tendo en conta que terán prioridade as pertencentes á lista de laboratorio.
180207_modifaddenda


#Acción sindical #Interinos

Volver