Volver

Galicia Xun 21, 2019

Actualización da oferta modular polo réxime de persoas adultas


DOG ORDE do 14 de xuño de 2019 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2019/20.

Na modalidade semipresencial e a distancia, a autorización quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de matrícula no módulo correspondente. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de solicitudes débeselles comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.

As prazas que resulten vacantes, logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2019/20.

DOG 25/06/2019CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de xuño de 2019 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2019/20.

 


#Formación Profesional #Ensinanzas

Volver